Melloras no eido deportivo
O Concello de Oroso, en coordinación cos clubes deportivos, quere fomentar os hábitos saudables, nos só para os propios deportistas, tamén para os familiares e amigos.
Por iso instalou á entrada do campo de fúlbol un cartel con recomendacións para os pais e nais, que deben apoiar aos seus fillos e fillas pero nunca caer no desprezo a árbitros ou rivais.
Por outra parte, o Concello de Oroso habilitou un buzón de correo para cada clube deportivo no pavillón, co obxectivo de que poidan recibir a súa correspondencia.
“Cos carteis de hábitos de conduta e os buzóns continuamos co noso obxectivo de mellorar os servizos que lle damos aos clubes, o deporte é unha prioridade para o Concello de Oroso”, asegura o concelleiro Antonio Leira.