subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Clases de Latin Fit para os veciños e veciñas de Oroso


orosoO Concello de Oroso en colaboración co Ximnasio Termópilas de Sigüeiro seguen promovendo as actividades físicas entre a súa veciñanza. Este xoves 16, a partir das 19:00 horas, terá lugar unha sesión de Latin Fit dedicada as veciñas e veciños de Oroso a través da aplicación gratuíta de videoconferencia Hangouts meet.

Latin Fit e unha nova disciplina fitness, que mestura bailes de ritmos latinos e outras disciplinas con exercicios aeróbicos, para manterse en forma, gañar ton muscular ou perder peso, dunha maneira moi divertida.

Agardámosvos a todos e a todas, so tendes que solicitar o acceso enviando un correo a deportes@oroso.gal

Moito ánimo!

#EuAdestroNaCasa