Programa de concilicación no mes de xuño
O Concello de Oroso pon en marcha no mes de xuño un programa de conciliación da vida laboral e familiar, con actividades de ocio e deporte para nenos e nenas de 4 a 12 anos.
A iniciativa vai dirixida a aquelas familias nas que, pola situación laboral do pai e da nai, non poidan coidar dos seus fillos e necesiten unha alternativa.
Para este tipo de situacións, o concello pon en marcha esta iniciativa, con actividades deportivas nas que non haberá contacto físico e se respectarán todas as medidas de prevención. Os nenos e nenas farán senderismo, patinaxe, hípica, xogos, etc.
O horario será de 08.00 a 14.00 horas, aínda que os pais poderán deixar aos nenos desde as 07.30 horas e recollelos ata as 14.30 horas. A recepción será no polideportivo e as actividades no complexo deportivo de Sigüeiro e nas áreas deportivas de Porto Avieira.
“Desde o concello, queremos darlle unha solución aos pais que teñen que estar presencialmente nos seus traballos; o programa será seguro e respectará as recomendacións sanitarias”, afirma Antonio Leira, concelleiro de Deportes de Oroso.
As inscricións deben facerse nas oficinas municipais, acreditando a situación laboral dos pais e nais.
Normas programa de conciliación
Inscrición programa de conciliación
Máis información no 981691478.