subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O luns comeza o programa de conciliación da vida laboral e familiar do Concello de Oroso


orosoUn total de 29 nenos e nenas do Concello comezarán este luns no programa de conciliación da vida laboral e familiar que o Concello de Oroso puxo en marcha para ofrecer unha solución as familias nas que a situación laboral do pai e da nai así o requiran.

O concello pon en marcha esta iniciativa para nenos e nenas de 4 a 12 anos, con actividades deportivas nas que non haberá contacto físico e se respectarán todas as medidas de prevención. Os nenos e nenas farán senderismo, patinaxe, hípica, fútbol, xogos, actividades culturais e ditáticas, etc.

O horario será de 08.00 a 14.00 horas, aínda que os pais poderán deixar aos nenos desde as 07.30 horas e recollelos ata as 14.30 horas. A recepción será no polideportivo e as actividades no complexo deportivo de Sigüeiro e nas áreas deportivas de Porto Avieira.

Para calquera dúbida ou aclaración o concello pon a disposición o seguinte número de teléfono: 630588021.

Listaxe de admisións
Horarios do programa de conciliación