subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso será o escenario dunha carreira virtual solidaria


orosoPolas consecuencias da crise sanitaria da Covid-19, este ano non se poden celebrar probas deportivas multitudinarias, pero isto non impide a posta en marcha de iniciativas solidarias que combinan os hábitos saudables e o apoio aos sectores perxudicados pola pandemia.

O Club de Atletismo Tambre, o Concello de Oroso e a asociación de comerciantes Sigüeiro Vende organizan unha ‘Carreira Virtual’, 100% solidaria e coa finalidade de axudar a promocionar e recuperar o pequeno comercio local.

A proba consistirá en 11,4 quilómetros bordeando o río Tambre, con saída e chegada no Refuxio, a completar de maneira individual a calquera hora dende o 8 o 21 de xuño. Os participantes deben cumprir en todo momento as normas de seguridade que as autoridades sanitarias esixan nas 2 semanas que dura o evento.

Cada corredor/a deberá facer o percorrido en solitario e baixo a súa responsabilidade. A inscripción será gratuíta pero haberá que aportar un tícket dunha compra como mínimo de 20 euros nun comercio do Concello de Oroso.

A proba foi presentada polos concelleiros de Deportes e Comercio, Antonio Leira e Vanesa Boo; Eva Carreira, de Sigüeiro Vende, e David Senra, do Clube Atletismo Tambre. O Concello de Oroso sorteará vales de compra no comercio local entre todos os participantes.

Haberá unha clasificación virtual individual, que o Club Atletismo Tambre irá publicando nas redes sociais, e os e as participantes poderán repetir o circuito cantas veces queiran. En caso de mellorar o tempo anterior, cambiaríase na clasificación deixando sempre o resultado máis favorable.

Inscripcións: para poder obtar á clasificacion virtual e mais a carreira tense que mandar unha foto do ticket dunha compra no Concello entre o 8-21 xuño ao correo: atletismotambre@gmail.com, ou unha mensaxe coa foto ás redes sociais do Club Atletismo Tambre (facebook ou instagram).

É necesario ter un dispositivo GPS para calcular a ruta (tempo e distancia) ou un dispositivo garmin/polar/sunto... e sacar unha foto ao finalizar a proba e mandala á atletismotambre@gmail.com, ou unha mensaxe coa foto as redes sociais do club.