subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Éxito para unha amazona do Club Hípico de Oroso


orosoEstela Ventureira Fraga, unha amazona de 10 anos do Club Hípico Amazonas e Cabaleiros de Oroso, debutou hai só dúas semanas no seu primeiro concurso a nivel galego.

Alí acadou a súa primeira medalla de Plata na Copa Galega de Ponis 2020, categoría Ponis D2.

Estela foi apodada ‘O Cisne’ polo seu profesor, Theodor Smeu, pois ten un estilo peculiar de facer o saludo protocolario na Doma clásica, así como unha gran arte á hora de montar, que acompaña cunha sonrisa permanente.

Noraboa e moitas felicidades polo traballo e o esforzo, tanto de Estela como do seu club!