A Aula Mentor de Oroso ofrece o curso Lightroom.
Como complemento ao curso de Fotografía Dixital, Educaoroso a través da Aula Mentor oferta un novo curso: Lightroom.
O obxectivo deste curso é aprender os fundamentos técnicos do software Adobe PhotoShop Lightroom para sacar o máximo partido ao programa. Unha vez finalizado, o alumno será capaz de realizar con rapidez e eficacia as tarefas máis habituais que precisa calquera fotógrafo, tanto afeccionado como profesional.
Perfil do alumno
É conveniente que para afrontar este curso con certas garantías, que o alumno teña certos coñecementos sobre fotografía dixital e uso de cámaras dixitais. Do mesmo xeito , é aconsellable que se teñan coñecementos (a nivel usuario) do sistema operativo Windows ou Mac OS.
Contidos
* Creación dun catálogo de fotografías
* O Espazo de traballo do software e a súa adaptación ao fluxo de traballo
* Xestión do arquivo fotográfico
* Edición das fotografías
* Presentación das fotografías en pantalla e na Web
* Impresión das fotografías
No curso, facilítase o coñecemento deste programa de fotografía, desenvolvido por Adobe, que permite a captura, edición e impresión de fotografías dixitais. Existe unha versión de proba de 30 días do programa, que se pode descargar dende esta páxina:
http://www.adobe.com/es/products/photoshoplightroom/?promoid=BPBJG
Para a realización do curso, deberíase ter a versión completa. Outra opción, podería ser descargarse unha versión Beta de Lightroom 3. Está en inglés, pero seguindo o manual do curso, pódese realizar. Mentres Adobe non lance a versión definitiva, a versión Beta é gratuíta, e totalmente funcional.