subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Novo curso na Aula Mentor Educaoroso, "Vídeo: Linguaxe e realización".


 

O obxectivo básico deste curso será adquirir os coñecementos fundamentais que permitan conseguir producións de afeccionados e mellorar a calidade dos vídeos domésticos.

Está dirixido a aquelas persoas que se queren achegar ao mundo da imaxe en movemento (cinema e vídeo). Desenvolve os coñecementos fundamentais que calquera persoa debe dominar para poder crear e realizar un traballo normalizado con imaxe e son.

Contidos

O curso consta de 6 módulos:
A REPRESENTACIÓN DO MOVEMENTO
* Persistencia retiniana: Ilusión óptica de movemento.
* A imaxe en movemento na Arte.
* A imaxe en movemento na Ciencia.
* A arte da imaxe en movemento.
* A película e os formatos de visionado.

O VÍDEO
* Conceptos básicos do vídeo.
* A cámara de vídeo.
* Formatos de almacenamento de vídeo.
* Formatos de comprensión e Códecs.
* A captación do son.
* Os formatos de audio.
* Rexistro de son.
* Dez consideracións de cámara.

O VÍDEO II
* Elementos morfolóxicos.
* Elementos temporais.
* Elementos dinámicos.
* Elementos escalares.

FUNDAMENTOS DA IMAXE EN MOVEMENTO
* O espazo. O punto de vista. O encadre. A composición.
* O movemento. Movementos de cámara.
* O tempo. Unidades do discurso narrativo.

FASES DE ELABORACIÓN DUN PRODUTO AUDIOVISUAL
* A preproducción.
* A Produción.
* A Posproducción.
* O guión.
* A gravación.
* A edición.
* A continuidade temporal. A continuidade narrativa.
* O proceso de edición.
* A autoría.

CONSELLOS PARA REALIZAR VÍDEOS
* Consellos para escribir o Guión.
* Consellos para a Gravación.
* Consellos para a Edición.
* Consellos para a Sonorización.


Ten unha certificación de 60 horas.

Podedes atopar máis información en:
https://centrovirtual.educacion.es/mentor/informacion_cursos/informacion.htm?video_cve