Novos cursos na Aula Mentor EducaOroso.
Xa están activos na Aula Mentor de Oroso tres novos cursos, que ampliarán a oferta formativa:
- Taller de escritura avanzado
Este curso considérase a continuación de Taller de Escritura básico. Recoméndase realizar previamente o nivel básico para un maior aproveitamento do curso avanzado.
Ten unha certificación de 60 h.
Máis información
- Iniciación á Musicoterapia
Para a realización deste curso non é necesario ter coñecementos previos de música. Ofrece ao alumno as claves necesarias para desenvolver estratexias musicais de aplicación persoal.
Ten unha certificación de 60 h.
Podedes obter máis información aquí
- Sube á Física no parque de atraccións
Neste curso, as atraccións mecánicas máis típicas son utilizadas como introdución á Física, co obxectivo de aprender e comprender os conceptos
e Principios Fundamentais da Mecánica (cinemática e dinámica) dun xeito sinxelo, atractivo e divertido.
Certifícanse 50 h.
Máis información