A Aula Mentor de Oroso vén de ampliar a oferta cun novo curso.
DESEÑO DE CIRCUÍTOS PNEUMÁTICOS E ELECTROPNEUMÁTICOS
Ao longo do curso aprenderase a gobernar cilindros pneumáticos utilizando como enerxía de manobra a pneumática (circuítos pneumáticos) e tamén utilizando a electricidade (circuítos electropneumáticos). Realizaranse exercicios dun e outro tipo de dificultade progresiva, comezando por exercicios sinxelos e chegando a realizar circuítos de bastante complexidade.
Á súa vez, tamén se coñecerá o funcionamento dun simulador de circuítos e poderanse simular nel todos os circuítos que se realicen comprobando así que a súa realización foi correcta.
O curso pode ser de utilidade a profesionais do ensino que impartan esta materia, a alumnos de formación profesional e enxeñarías que teñan interese no tema, a profesionais do sector que desexen ampliar os seus coñecementos e dende logo a aquelas persoas que sen necesitalo para o seu desenvolvemento profesional se sintan motivados por estas tecnoloxías.
En definitiva, este curso vai dirixido a aquelas persoas que lles gustaría iniciarse na automatización e que chegar a coñecer a fondo algunhas das tecnoloxías máis utilizadas para iso como son a pneumática e a electropneumática.
CONTIDOS DO CURSO
Módulo A
Unidade 1: Automation studio - a súa utilización para deseño de circuítos pneumáticos e electropneumáticos
Unidade 2: Introdución e cálculos máis importantes
Unidade 3: Elementos dun circuíto pneumático. Válvulas
Módulo B
Unidade 4: Pneumática. Resolución de circuítos intuitivos
Unidade 5: Pneumática. Resolución de circuítos secuenciais polo método de fervenza
Unidade 6: Pneumática. Resolución de circuítos secuenciais polo método de paso a paso
Módulo C
Unidade 7: Electropneumática. Sensores .Relés
Módulo D
Unidade 8: Electropneumática. Resolución de circuítos intuitivos
Unidade 9: Electropneumática. Resolución de circuítos secuenciais polo método de fervenza
Unidade 10: Electropneumática. Resolución de circuítos secuenciais polo método de paso a paso
MÉTODO DE TRABALLO
Mentor dispón dun ámbito virtual de aprendizaxe que facilita o acceso a materiais,
avaliacións e exercicios prácticos. Ademais, permite o contacto do alumno co seu titor
así como co resto de alumnos do mesmo curso.
O titor, experto nos contidos do curso, vai resolvendo as dúbidas, corrixindo as prácticas e seguindo de forma efectiva a aprendizaxe do alumno a través
do correo
electrónico e outras ferramentas de avaliación e comunicación.
Pode realizarse o curso dende o propio domicilio ou dende a Aula Mentor máis próxima se non se dispón de ordenador conectado a Internet. Na aula contarase coa axuda do administrador para facilitar as primeiras comunicacións telemáticas.
Para consultar o listado de todas as aulas Mentor, volve á páxina principal.
CERTIFICACIÓN FINAL
A finalizar o curso e unha vez superada a proba final, o alumno/a obtén un certificado de aproveitamento expedido polo Ministerio de Educación, se é o caso, da Consellaría da Comunidade Autónoma correspondente.
O curso de Automatismos: Pneumática e Electropneumática certifícase en 130 horas.