subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso promove o Camiño Inglés e a Festa da Troita en Fitur.


orosoO Concello de Oroso está presente este ano na Feira Internacional de Turismo (Fitur), onde está promovendo as potencialidades do municipio, especialmente o Camiño Inglés e a Festa da Troita. Unha representación asumida polo concelleiro de Comercio e deputado provincial, Antonio Leira Piñeiro, que esta mañá ofreceu a conferencia “Camiños de A Coruña”, unha acción da Deputación Provincial para promover as rutas xacobeas que discorren pola provincia.

Antonio Leira explica que “estamos agradecidos polo apoio e colaboración amosadas tanto polo Xacobeo como pola Deputación da Coruña para poñer en valor o Camiño Inglés e para que a nosa Festa da Troita siga medrando cada ano”. Unhas virtudes que Oroso pon en valor nunha revista promocional que se está a repartir entre os milleiros de visitantes que cada ano se achegan a Fitur.

oroso Leira Piñeiro adianta que “esta experiencia en Fitur será a primeira que fagamos no ano, pois tamén temos previsto asistir a Xantar e ao Fórum Gastronómico para dar a coñecer aínda máis a nosa festa de interese turístico que cada ano consegue reunir a case 30.000 persoas en torno á troita”.