subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso e o Xacobeo colaborarán para potenciar o Camiño Inglés e para que o ano santo 2021 sexa un éxito.


O alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro Antonio Leira mantiveron un encontro de traballo con Cecilia Pereira, conselleira delegada do Xacobeo, e Rafael Sánchez, xerente do Xacobeo.

orosoO Concello de Oroso colaborará co Xacobeo para que o Ano Santo 2021 sexa un éxito e ambas institucións potenciarán de forma conxunta o Camiño Inglés. Manuel Mirás, alcalde de Oroso, e Antonio Leira, concelleiro de Turismo e deputado provincial, recibiron hoxe no Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés (CEICI) a Cecilia Pereira, recentemente nomeada conselleira delegada do Xacobeo e a Rafael Sánchez, xerente do Xacobeo.

Mirás e Leira explicáronlle a Pereira a historia e o papel que xoga o centro, único no mundo das súas características, e a conselleira delegada do Xacobeo tivo palabras de louvanza para o traballo que vén desenvolvendo, do cal levou unha mostra en forma de libros e folletos.

Ademais, tanto Mirás como Leira ofrecéronlle todo o apoio de Oroso para que o Xacobeo 2021 sexa un éxito, non só no Camiño Inglés senón en toda Galicia. Mirás, que ademáis é vicepresidente executivo da Fegamp, comprometeuse tamén a implicar nesa cita de resonancia mundial aos concellos galegos, especialmente a aqueles que están cruzados por algunha das rutas xacobeas.