subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A irmá de John Lennon, peregrina en Oroso.


orosoUnha representación da Real Orde de Cabaleiros de María Pita chegou hoxe de peregrinación a Oroso cunha invitada de luxo, a irmá de John Lennon, Julia Baird, que foi nomeada hai uns días embaixadora da entidade.

O grupo está facendo o Camiño Inglés desde A Coruña a Santiago, nunha andaina que ademais ten un aspecto benéfico: coa venda dun libro de fotografías recaudan fondos para Medicos sen Fronteiras.

A Irmá de John Lennon e os representantes da Orde, liderados por José Duarte, foron recibidos polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, o concelleiro de Turismo, Antonio Leira, e o conxunto do grupo de goberno.

Dentro das actividades que a Orde de María Pita programa todos os anos, atópase este percorrido do Camiño Inglés; unha iniciativa que ten como obxectivo final que a ruta sexa declarada Patrimonio da Humanidade pola súa gran relevancia histórica e por ser un dos camiños que, tradicionalmente, conduciu aos peregrinos ata Compostela. A presenza da irmá de Lennon servirá para potenciar unha travesía que está en auxe.

Oroso é un dos concellos que máis aposta desde hai anos por este mesmo obxectivo, polo que apoia a iniciativa da orde e recibiu hoxe aos peregrinos.