subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Melloras nos pasos de peóns de Sigüeiro


orosoNos últimos días, fixéronse traballos de mellora en varios pasos de peóns do casco urbano de Sigüeiro, unha actuación necesaria para mellorar a seguridade, tanto dos peóns como dos conductores.

Esta iniciativa forma parte do plan integral de mellora do tráfico e a seguridade viaria, tanto en Sigüeiro como nas parroquias do municipio, uns traballos que seguirán nos próximos meses.

Nas últimas semanas, púxose en marcha unha senda peonil e nova sinalización horizontal na urbanización Porto Avieira, así como diferente sinalización vertical e horizontal na parroquia de Trasmonte, á altura da escola unitaria e do local social.

Houbo tamén outros traballos noutros puntos de Oroso, como na estrada que une Os Carballos con Recouso na parroquia de Deixebre.

“Hai previstas a curto prazo outras actuacións, melloras na sinalización que en moitos casos demandan os veciños e veciñas nas reunións que mantemos con eles, a seguridade ten que ser unha prioridade”, sostén Antonio Leira, concelleiro de Tráfico de Oroso.