subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Actuación nas árbores da zona de ocio de Porto Avieira


orosoNos últimos días, o Concello de Oroso realiza labores de mantemento en Porto Avieira, concretamente arredor do campo de beisbol e a zona de ocio.

Estes traballos inclúen a necesidade de cortar algunha das árbores da zona, pola necesidade de manter unha liña de seguridade co tendido eléctrico de alta tensión.

Ademais, é necesario respectar tamén as distancias co vial que atravesa a zona, para garantir a seguridade de vehículos e peóns.

O concello continúa co acondicionamento da zona de ocio e lecer, co obxectivo de que a veciñanza gañe un novo espazo para o esparcemento.

Ao igual que se reformou o campo de béisbol e o espazo para as actividades ecuestres, continuarán os traballos habilitando zonas para ximnasia, bancos e mesas

Ademais, continúan os traballos para implantar unha rede eléctrica, co obxectivo de dotar de alumeado esta zona de ocio.