Impreso de Instancia
Modelo de instancia para presentar no concello.
Autoliquidación de prezos públicos municipais
Impreso de tasa de autoliquidación de prezos públicos. Unha vez cumprimentado deberá presentalo no banco ou caixa correspondente para facer o pago. Unha vez feito o pago deberá entregalo xunto coa solicitude correspondente no Concello.
Solicitude carné de pensionista.
Todas aquelas persoas empadroadas no concello que teñan a condición de pensionista poden solicitar este carné ao abeiro do disposto na ordenanza reguladora correspondente.
Solicitude de renovación do carné de pensionista.
Todas aquelas persoas empadroadas no concello que teñan a condición de pensionista e teñan solicitado con anterioridade o carné de pensionista poden solicitar a súa renovación ao abeiro do disposto na ordenanza reguladora correspondente.
Solicitude de modificación ou anulación do recibo da taxa de recollida de lixo.
Aqueles interesados que advirtan algún erro no recibo da taxa de recollida de lixo ou queiran modificar a titularidade ou calquera outro dato no mesmo, poderán solicitalo cubrindo esta solicitude.
Solicitude de utilización do Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa.
Toda persoa ou entidade que desexe utilizar o Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de Sigüeiro para a realización de charlas, conferencias, exposicións, eventos, ... deberá cumprimentar o seguinte impreso.
Solicitude inscrición no rexistro de parellas de feito de Galicia.
Trámites para obter a condición de parella de feito. Poderán facelo as persoas maiores de idade, capaces, que convivan coa intención ou vocación de permanencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal, expresando a súa vontade de equiparar os seus efectos aos do matrimonio.
© 2010 Concello de Oroso
Praza Isaac Díaz Pardo, nº1 - 15888 Sigüeiro |
Tel.: 981 691 478