subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Cortemos os fíos da violencia de xénero.
25 n: Día de loita contra a violencia de xénero.

Actividades

ACTIVIDAD DIA E HORA LUGAR
Igualar3 Do luns 3 ao venres 7 de novembro 4 Curso da ESO (IES Oroso)
Campaña de sensibilización: O deporte contra a violencia de xénero Do martes 4 ata o martes 25 de novembro Gravación e difusión de videos elaborados polas entidades deportivas do Concello
Contacontos martes 25 de novembro ás 11:15 horas. Centro cultural “Fernando de Casas e Novoa”
Campaña de sensibilización : os comercios contra a violencia de xénero” martes 25 de novembro Entrega de bolsas nos comercios do Concello
Obradoiro de autoprotección para mulleres Mércores 26 de novembro de 11:00 ás 14:00 h
Inscrición previa nos servizos sociais do Concello: Teléfono :981 688 950
Complexo deportivo “Juanito Amigo”
Teatro infantil “O país dos mandóns" venres 28 de novembro ás 18 :00 h Centro cultural “Fernando de Casas e Novoa “



Os programas

Programa IGUALAR3.
A información deste programa pode consultarse no blog Programa Igualar

Campaña de sensibilización e prevención da violencia de xénero en colaboración co comercio comarcal.
O 25 de novembro os establecementos colaboradores distribuirán unha bolsa comercial da campaña entre a súa clientela. Esta bolsa contén o lema da campaña “Podería ser eu. Podería ser calquera.” e información sobre recursos de loita contra a violencia de xénero. Os comercios colaboradores estarán identificados cun cartel da campaña.

Campaña de sensibilización e prevención da violencia de xénero en colaboración coas entidades deportivas.
Campaña de sensibilización e concienciación sobre a violencia de xénero no ámbito deportivo, o que se pretende con esta campaña é que as persoas físicas e xurídicas da Comarca de Ordes vinculadas ao deporte asuman un papel activo na transmisión dunha mensaxe forte e unánime a toda a sociedade que é o rexeitamento total á violencia de xénero.
Esta campaña permite aproveitar as estruturas organizativas das entidades deportivas xa existentes. Ademais esta campaña permite que as persoas participen no seu propio medio sen modificar a súa rutina para formar parte do programa. As acción realizaranse nas propias instalacións deportivas ao mesmo tempo que practican o deporte.

  • Permite contactar con colectivos aos que non se dirixe habitualmente este tipo de campañas ou nos que as campañas teñen menos efectos. Con esta campaña non só se chega as persoas que practican o deporte senón tamén as afeccións, familiares etc.
  • Permite que o impacto das accións medre ao contemplarse actividades a través das tecnoloxias de información e da comunicación.
  • Permite implicar activamente ao colectivo masculino xa que ata o momento ningún programa de igualdade exitoso, implicara directamente a tantos homes nun mesmo programa.
  • Permite implicar a persoas de todas as idades e visibilizar as entidades deportivas menos coñecidas.
  • Permite introducir as políticas de igualdade no deporte, xa que aínda está moi marcado polos estereotipos sociais e culturais.

Nesta campaña as entidades deportivas gravan un pequeno vídeo no que rexeitan a violencia de xénero enunciando o lema da campaña “Na violencia de xénero cada día conta”. Estes vídeos poden verse na páxina de Facebook do CIM da Mancomunidade de Ordes e na web da entidade, así como nas webs e redes sociais dos sete concellos da comarca.
Coa divulgación destes vídeos búscase crear un fenómeno viral en Internet, ou sexa unha cadea de mensaxes.
A campaña tamén contempla a distribución de material específico: carteis, lonas, etc.



Novas

Onde seguir a campaña



Documentos



Carteis



Videos






Organiza:


Concello de Oroso

Finanzan:


Xunta de Galicia
Fondo Social Europeo

Colaboran:


Mancomunidade de Ordes
CIM Ordes



Obras realizadas no Concello de Oroso

Proxecto básico e de execución de reforzo de pavimento de vial público en Piñeirón (A Gándara)

Subvención: Subvencións a proxectos de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021 (MR701E)

Importe da axuda: 37.214,71 euros

A presente axuda está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, no marco da medida 4.3 do PDR de Galicia 2014-2020. A súa concesión incide directamente na Área focal 2A (mellorar os resultados económicos de todas asexplotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola)

Agader     FEADER    Ministerio de MedioAmbiente    Xunta







Proxectos de equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2016, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020

Proxectos subvencionados:

  • Instalación de estufas de pellet para calefactar o local social de Cachopal
  • Instalación de estufas de pellet para calefactar o local social de Deixebre
  • Instalación de estufas de pellet para calefactar o local social de Garabanxa
  • Instalación de estufas de pellet para calefactar o local social de Oroso
  • Instalación de estufas de pellet para calefactar o local social de Senra
  • Instalación de estufas de pellet para calefactar o local social de Trasmonte
  • Instalación de estufas de pellet para calefactar o local social de Villarromariz

Fondo Europeo    Consellería de Economía     INEGA





Obra: Mellora de rede viaria en Mixoi (Calvente) e A Grela (Marzoa)

Subvención: Plan Marco: mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016

Investimento: 73.801,53 euros

Importe da axuda: 60.993,00 euros

Xunta    Agader     FEADER

Ministerio de MedioAmbiente

oroso