Biblioteca Municipal
A biblioteca municipal do Concello de Oroso está situada no centro cultural Fernando de Casas e Novoa e ten como principal obxectivo dar resposta as demandas de información, formación, ocio e cultura dos veciños da localidade. O fondo bibliográfico da biblioteca está composto por materiais diversos como libros, DVD, CD-ROM, publicacións periódicas, cómics, todos eles en acceso libre e dispoñibles tanto para consulta en sala como para préstamo a domicilio.
A biblioteca conta cun total de 45 postos de lectura repartidos en dúas salas: sala infantil e sala de adultos, ademais de 10 ordenadores para uso público, con conexión a Internet así como servizo Wifi gratuíto.
O acceso á biblioteca é libre, para facer uso da biblioteca necesítase ser socio da mesma e estar en posesión do carné que así o acredita.
Servizos
- Préstamo
- Sala de Lectura e Consulta
- Sala infantil
- Prensa
- Información e atención ao usuario
- Animación á lectura
- Acceso a internet
Horarios
Inverno
LUNS A VENRES | SÁBADOS | |
MAÑÁ | 09:30 a 13:30 | 10:00 a 13:00 |
TARDE | 17:00 a 20:30 |
LUNS A VENRES | SÁBADOS | |
MAÑÁ | 09:00 a 14:00 | |
TARDE |
Contacto
Teléfono: 981 690 903
Email: biblioteca@oroso.gal