Centro de Atención a Primeira Infancia
Comunicados.
Oferta de prazas por grupo de idade:
- 0-1 anos: 7 prazas Completas
- 1-2 anos: 3 prazas Completas e 6 máis en xornada de Tarde
- 2-3 anos: 15 prazas Completas e 4 máis en xornada de Tarde
Impresos.
Prazos.
| PRAZOS AULA 1-2 e 2-3 ANOS | |
| PROCEDEMENTO | PRAZOS |
| - Solicitude de renovación de praza | do 1 ó 9 de marzo |
| - Oferta de prazas para nova ocupación | 10 ao 14 de marzo |
| - Solicitudes de novo ingreso | 15 de marzo ao 5 de abril |
| - Publicación da lista provisional | do 7 ao 15 de abril |
| - Publicación da lista definitiva | 1ª semana de xuño |
| - Formalización da matrícula | ata o 30 de xuño |
| PRAZOS AULA 0-1 ANOS | |
| PROCEDEMENTO | PRAZOS |
| - Oferta de prazas para nova ocupación | 10 ao 14 de marzo |
| - Solicitudes de novo ingreso | do 15 de marzo ao 31 de maio |
| - Publicación da lista provisional | do 1 ao 9 de xuño |
| - Publicación da lista definitiva | 1ª semana de xullo |
| - Formalización da matrícula | ata o 30 de xullo |
Información do Centro de atención a primeira infancia.
Comezou a andadura e a posta en funcionamento do servizo público do Centro de Atención á 1ª Infancia do Concello de Oroso en outubro de 2.002, fai casi xa dous anos, para ter matriculados á fin do curso un total de 54 nenos e a escola funcionando a pleno rendemento.
Coa apertura e establecemento deste servizo público por parte do Concello preténdese unha política de conciliación da vida laboral e familiar, considerando o tipo de poboación nova que habita neste municipio.
Polo que respecta a organización e prestación deste servizo, presenta as seguintes características :
- O servizo do Centro de Atención á 1ª Infancia do Concello de Oroso está aberto os doce meses do ano, comezando o curso en setembro do ano correspondente, cun horario de 8:00 horas a 20:00 horas.
- Os nenos divídense en tres grupos en idades comprendidas entre (0-1 anos), (1-2 anos) e (2-3 anos).
- A prestación deste servizo implica a prestación do servizo de comedor, coa elaboración duns menús que pretenden unha alimentación sa e equilibrada para os nenos.
- Os horarios de traballo e actividades cos rapaces distribuíronse no primeiro ano de andaina deste servizo público do xeito seguinte:
| AULA 1 ANO | AULA 1-2 ANOS | AULA 2-3 ANOS | |
| TRABALLO AULA | 10:00 - 11:00 | 11:00 - 12:00 | 10:00 - 11:00 |
| INGLÉS | 12:00 - 13:00 | 10:00 - 11:00 | 11:00 - 12:00 |
| XOGOS | 11:00 - 12:00 | 12:00 - 13:00 | 12:00 - 13:00 |
| COMIDAS | 13:00 | 13:00 | 13:00 |
| TRABALLO AULA | 16:00 - 17:00 | 16:00 - 17:00 | 16:00 - 17:00 |
| MERENDAS | 17:00 | 17:00 | 17:00 |
| XOGOS | 18:00 - 20:00 | 18:00 - 20:00 | 18:00 - 20:00 |
- O Centro de Atención á 1ª Infancia do Concello de Oroso, permanecerá aberto durante o mes de agosto co mesmo horario de apertura e peche.