subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso

O concello de Oroso encóntrase no camiño da Coruña a Santiago. A estrada N-550 atravesa o termo de norte a sur. A capital municipal, Sigüeiro, encóntrase a 49 Km. da Coruña e a 11 de Santiago de Compostela.

mapacarretera

A autoestrada A-9 ten en Sigüeiro un servizo de entrada e saída en dirección A Coruña e en dirección Santiago. A liña de ferrocarril das dúas mencionadas cidades, ten próximo de Sigüeiro o apeadeiro de Oroso e a estación de Garga Trasmonte. Ademais da estrada citada sae outra de Sigüeiro a Frades polas parroquias de Gándara, Vilaromarís e Calvente. Nela nacen varios ramais que enlazan as outras parroquias e lugares do municipio. Os límites de Oroso son o municipio de Santiago e O Pino polo sur, Trazo polo oeste, Tordoia e Ordes polo norte e Frades polo leste.

O municipio de Oroso esténdese sobre unha superficie de 72,23 km2, ofercendo unha paisaxe rural sen apenas contrastes xeográficos.

O monte Costa, de 329 metros, na parroquia de Trasmonte, e o Petón (375 metros), na de Senra, ambos o norte do municipio e no límite co de Ordes, son as máximas cotas que alcanza o relieve de Oroso. A partir delas o perfil orográfico, lixeiramente ondulado e sen fortes contrastes, vai descendendo ata as beiras do Tambre, que lle serve de límite polo sur. Na esquina suroeste, pouco despois de pasar baixo a ponte de Sigüeiro, o Lengüelle únese o Tambre. Os demais rios, como o Carboeiro, o Samo ou o Maruzo, baixan en dirección norte-sur, formando variados e armoniosos vales.

O Municipio de Oroso engloba un total de 11 parroquias: Ánxeles, Calvente, Cardama, Deixebre, Gándara, Marzoa, Oroso, Pasarelos, Senra, Trasmonte, e Vilarromarís.