subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Areas naturais ... que descubrir

Illa do Refuxio

oroso A 12 Km. de Santiago en dirección á Coruña pola estrada N-550, chegamos á vila de Sigüeiro. Na Praza da Foca, collemos a estrada provincial “CP-3801” que vai de Sigüeiro a Frades. No Km. 1, hai un desvío á dereita chamado “Camiño do Refuxio”. Percorremos uns 200 metros e atopamos unha paraxe natural de gran beleza formado por unha insua situada no medio do río Tambre.
A súa superficie está cuberta de carballos de gran tamaño que ofrecen unha espesa sombra no verán. A insua está rodeada de amieiros e salgueiros, vexetación característica das ribeiras dos ríos que atravesan o concello. Dúas pasarelas de cemento, unha por cada lado do río, dan o acceso á insua. Para aproveitar a riqueza troiteira do Tambre nesta zona, creouse o Couto de Pesca “Sigüeiro”, un dos máis troiteiros e apreciados polos pescadores de toda a provincia.



A Penateixa

oroso Dende a vila de Sigüeiro, concretamente, da Praza da Foca, sae a estrada provincial “CP-3801” en dirección a Frades. A 1’5 quilómetros, encontramos un cartel que nos indica o desvío para chegar á área recreativa, seguindo o desvío a uns 100 metros entramos na área recreativa regada na súa marxe dereita polo río Tambre.
A área recreativa da Penateixa está formada por un espazo aberto delimitado por ringleiras de amieiros e carballos perpendiculares ao río. Ofrece un amplo espazo para desfrutar do sol e para que corran os nenos e un segundo de sombra debaixo do arboredo. En distintas zonas da área recreativa poden verse frondosos carballos e piñeiros. Ao longo do río os pescadores poden desfrutar no Couto de Pesca “Sigüeiro”.



Ponte Arderís

oroso Dende a vila de Sigüeiro, concretamente, da Praza da Foca, sae a estrada provincial “CP-3801” en dirección a Frades. A 10’5 quilómetros, encontramos un cartel que nos indica a área recreativa ao lado da estrada e da Ponte Arderís, na Parroquia de Senra.
A área recreativa da Ponte Arderís está formada por unha pequena parcela na marxe esquerda do río Samo, afluente do Tambre. Foi inaugurada no ano 1997. Nela medran amieiros, carballos, bidueiros, castiñeiros e algunha mimosa. Destacan unhas pequenas escaleiras de pedra que baixan ao río, a unha zona remansada e moi apropiada para o baño estival.



O Cachopal

oroso No quilómetro 12’5 da estrada provincial “CP-3801” Sigüeiro-Frades, chegamos á aldea do Cachopal, na parroquia de San Mamede dos Ánxeles. Collemos a pista asfaltada á dereita en dirección á Igrexa de San Mamede. A uns 400 metros da estrada xeral, á dereita, está a área recreativa do Cachopal.
A área recreativa do Cachopal está formada por dúas parcelas situadas na marxe dereita do río Maruzo, afluente do Tambre. A parte norte está poboada por frondosos piñeiros e a rentes do río hai un prado. Destaca nesta última zona o MUÍÑO DA PONTE, de dous pés, restaurado parcialmente no ano 1996. Esta área recreativa foi inaugurada no ano 1997 e está rodeada por amieiros e carballos



Muiño de Vigo ou do Rego Tellado

Indo pola N-550 en dirección á Coruña á altura do km 43 hai que xirar cara a unha pista que hai á esquerda xusto enfronte do taller “Maquinaria Oroso”. Hai que circular uns trescentos metros por esa pista asfaltada e deixar atrás un cruce. A aproximadamente 150 metros do cruce e circulando xa por unha pista de terra hai unha desviación á dereita que nos leva directamente á área recreativa do Muíño do Rego Tellado.
A área recreativa do Rego Tellado é un espazo natural de reducidas dimensións que conta para o seu atractivo cun muíño que rehabilitou o Concello no ano 2004. Esta área atópase rodeada de amieiros, bidueiros, carballos, amieiros e prados, que lle confiren a este espazo un encanto especial e o converten nun lugar digno de ir ver.