Novas do Concello
Ampliación da rede de abastecemento
O concello de Oroso comeza as obras de ampliación da rede de abastecemento de auga achegando o suministro ata o lugar da Barreira na parroquia de Calvente.
Voluntarios Protección Civil
Os compañeiros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oroso inician unha campaña de captación de voluntarios.
Aberto o prazo de matrícula na Aula Mentor
Dende EducaOroso informamos da apertura de prazos de matriculación para as actividades formativas da Aula Mentor. Con máis de 200 cursos de formación en liña accesible para todos, matrícula aberta e co apoio dun titor en permanente contacto co alumno.
Programa STEAM
A Aula de CeMIT EducaOroso participa no Programa “STEAM” coa finalidade de motivar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado guiado por unha rede de profesionais.
Oroso recupera becas a deportistas individuais
Oroso abre unha liña de axudas destinada á promoción do deporte tras dous anos de parón. Consciente da dificultade que teñen moitos deportistas individuais para levar a cabo os seus adestramentos e proxectarse na competición polo elevado custe que supoñen os desprazamentos, licencias ou equipacións, o goberno local considera necesario aprobar estas axudas a deportistas individuais con
carácter de beca.
Excursión Aquapark Cerceda
O vindeiro mércores 23 de agosto o Concello de Oroso ten programada unha excursión ao Aquapark de Cerceda, unha actividade que se engloba dentro da Semana Cultural.
Melloras de acondicionamento nos centros educativos
O goberno local acomete unha serie de melloras nas escolas de educación infantil e primaria do municipio que inclúen ás escolas unitarias das parroquias do rural do concello, cun investimento de máis de 62000 euros que estarán listas para o inicio de este novo ciclo escolar.