Tanto o propio Concello de Pontedeume como a súa oficina de turismo -que ocupa o piso baixo do torreón de Andrade-, adheríronse á rede de puntos de expedición das novas credenciais dixitais para os peregrino" />

Concello e oficina de turismo de Pontedeume expiden a credencial dixital

Tanto o propio Concello de Pontedeume como a súa oficina de turismo -que ocupa o piso baixo do torreón de Andrade-, adheríronse á rede de puntos de expedición das novas credenciais dixitais para os peregrinos que percorren o Camiño Inglés. Os camiñantes poden recibir o selo por vía telemática, a través dos códigos QR dos puntos de expedición. Basta con descargarse a aplicación móbil Credencial do Peregrino. En calquera caso, hai polémica nas redes sociais entre quen defenden o papel porque así é a tradición de moitos séculos como entre quen prefiren o novo sistema posto que é máis ecolóxico. En calquera caso, a credencial non é gratis: costa 1,5 euros.

diseña ASINFO