A Asociación de Concellos do Camiño Inglés, presidida por Manuel Mirás, envórcase cun dos seus máis firmes apoios... e non é da comarca. Así, acaban de divulgar o testemuño de Robin Dorkings, un dos responsables da Confraternity of St James no Reino Unido que non só colabora estreitamente cos municipios galegos do Roteiro británico, senón que durante estes anos foi un baluarte xacobeo, proporcionando sinalización e publicidade á Vía Xubilar, así como selos acreditativos ás igrexas e negocios que balizan o itinerario. Grazas a persoas como el púidose estender un fenómeno da peregrinación a Santiago ao que poucos son alleos. M.M
Respaldo e promoción por extender o Camiño Inglés desde as Illas Británicas.
Robin Dorkings vicepresidente da Xacobea Confraternity of St James
2022-08-30