Oitava vez facendo o Camiño Inglés

Outro ano máis, e esta vez xa é o oitavo, Vicente Araguas, escritor e profesor de poesía do centro educativo Logos de Las Rozas (Madrid), recala en Oroso, como final de etapa do Camiño Inglés que están a realizar, e que comezou en Ferrol hai uns días.

Este ano está a guiar a un nutrido grupo de case cincuenta estudantes deste centro, e que acompañan, como en últimas edicións, os docentes Aaron Brook Zimmerman,Jorge Serrano e Ana Belén Díaz, amantes tamén deste roteiro xacobeo.

Vicente Araguas, nacido en Neda, é escritor, colaborador en varios medios de prensa, poeta, e músico fundador do grupo musical “Voces Ceibes”, foi recibido polo Alcalde, Alex Doval e o Concelleiro de Deportes e Turismo, Carlos Fernandez.

diseña ASINFO