O alcalde da localidade inglesa de Durham interésase polo Camiño Inglés ao seu paso por Oroso

Na xornada de hoxe, Antonio Leira percorrerá o primeiro tramo do Camiño Inglés que se pon en marcha de forma oficial en Inglaterra

O alcalde da localidade inglesa de Durham interésase polo Camiño Inglés ao seu paso por Oroso, tal e como manifestoulle ao concelleiro de Turismo, Antonio Leira. Leira foi recibido onte por John Lethbridge, alcalde de Durham, no nordés de Inglaterra. A máxima autoridade desa cidade, situada nos comezos do Camiño Inglés, amosouse moi interesada por coñecer a ruta xacobea ao seu paso por Oroso, así como pola repercusión económica que ten no concello.

Por outra parte, foi informado polo concelleiro dos contactos xa consolidados dos colexios de Oroso cos de Durham. Antonio Leira visitou onte tres centros, reafirmando as excelentes relacións con dous deles e abrindo as portas a un terceiro, que está interesado en manter intercambio de información con algún dos situados nesa ruta xacobea ao seu paso por Galicia.

Antonio Leira destacou que froito dos esforzos do concello xa se vai levar a cabo nesta primavera un intercambio de alumnos do CEIP Camiño Inglés cos do seu homólogo de Escombes, dentro do condado de Durham.

Ademais, o concelleiro aproveitou para ver cal era o grao de interese polo certame convocado polo concello baixo o lema `Escríbelle unha carta a Cosme de Medicis´, e departiu con varias ducias de estudantes do colexio St. John’s que estaban preparando os seus traballos para presentalos a dito certame. Alumnos dese centro xa gañaron dous premios o ano pasado.

diseña ASINFO