Gran recebimento en Sigüeiro ao embaixador de Suíza

O día 4 de maio o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, inaugurou ao comezo do Carboeiro un monumento que lembra o paso xustamente por ese sitio fai 490 anos do cabaleiro suízo Heinrich S. von Zug. Acompañouno o embaixador da Confederación Helvética en España e Andorra, Hanspeter Mock, que quedou impresionado polo recemento tanto das autoridades como do público asistente, e é que a pesares da covid (pero cumprindo al regras) xuntáronse ao aire libre 82 persoas. Ademais, ambos descubriron unha placa tamén en honra do mesmo cabaleiro no Paseo dos Peregrinos Ilustres, co que xa suman cinco hai que están colocadas. Con eles acudiu dende Madrid o conselleiro cultural e científico da embaixada, Alberto Giovanetti, que se revelou fundamental para que a visita puidese producirse. A eses actos oficiais sumouse a entrega de premios a escolares de Oroso e máis de Bishop Auckland, cidade xacobea inglesa que traballa co Camiño Inglés. En todos estes casos os estudantes tiveron que escribir unha carta a Heinrich S. von Zug.  

diseña ASINFO