O Concello de Oroso e o Xacobeo colaborarán para potenciar o Camiño Inglés e para que o ano santo 2021 sexa un éxito.

O Concello de Oroso colaborará co Xacobeo para que o Ano Santo 2021 sexa un éxito e ambas institucións potenciarán de forma conxunta o Camiño Inglés. Manuel Mirás, alcalde de Oroso, e Antonio Leira, concelleiro de Turismo e deputado provincial, recibiron hoxe no Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés (CEICI) a Cecilia Pereira, recentemente nomeada conselleira delegada do Xacobeo e a Rafael Sánchez, xerente do Xacobeo. ...


O alcalde e o concelleiro Antonio Leira, en Inglaterra na recuperación da peregrinación polo Camiño Inglés.

Oroso non faltou á peregrinación que partiu o 17 de marzo da abadía de Finchale e rematou na catedral de Durham; unha e outra no nordés de Inglaterra e punto de arranque do Camiño Inglés que acaba en Santiago tras pasar pola ponte de Sigüerio. O alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro e deputado provincial Antonio Leira acompañaron aos 75 peregrinos que desafiaron temperaturas de 8 graos baixo cero e tamén inicialmente unha nevada moi forte. Á chegada á cidade de Durham esperábaos un grupo de concelleiros locais, e todos xuntos entraron na catedral, onde recibiron un certificado de ter feito unha peregrinación que foi recuperada hai tres anos despois de medio milenio de silencio imposto polo rey inglés Enrique VIII. “Xa estivéramos hai dous anos e esta é segunda vez que andamos por estas terras-manifestou o alcalde, Manuel Mirás-, e o que pretendemos é que Oroso ocupe aquí, no comezo do Camiño Inglés, o lugar que se merece, e que se saiba que somos un lugar de paso histórico pero tamén o concello que está liderando a recuperación desa ruta xacobea”. ...


A concellería de Turismo convoca o III Certame de Traballos de Investigación do Camiño Inglés.

A concellería de Turismo, que preside Antonio Leira e que ten entre as súas competencias a divulgación e promoción do Camiño Inglés, vén de convocar o Certame de Traballos de Investigación desa ruta xacobea. Trátase da terceira edición dun certame que nas dúas anteriores viu como se presentaban más de corenta estudos en cada unha delas. Neses casos os premios marcharon a lugares tan distantes como Lancaster (Gran Bretaña), Valencia ou Dublín (Irlanda), o cal é unha mostra do interese que despertaron. Ao igual que nas convocatorias anteriores, hai tres categorías -investigación pura, diarios de peregrinos e para menores de 18 anos-, poñéndose un interese especial en incentivar aos máis novos. En total hai nove premios....


O Concello de Oroso descubre unha placa conmemorativa da peregrinación realizada por Margery Kempe hai seiscentos anos.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, descubriu unha placa conmemorativa da peregrinación realizada por Margery Kempe no ano 1417, coincidindo co seiscentos aniversario do seu paso polo municipio. A placa, colocada a carón do Punto de Información ao Peregrino do Camiño Inglés, foi descuberta no marco do primeiro Encontro Internacional no Camiño Inglés, celebrado no centro cultural de Sigüeiro. ...


A Asociación de Concellos do Camiño Inglés instará a Patrimonio a escoitar as demandas dos municipios ante do novo trazado xacobeo.

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés dirixirase á Dirección Xeral de Patrimonio para solicitar un encontro no que trasladarlles as queixas dos municipios diante do novo trazado do Camiño Inglés. “Cando a Asociación teña aprobados os seus estatutos loitaremos e dialogaremos por este tema”, comprometeu o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira. ...


El Camino Inglés no tendrá nueva señalización hasta la próxima semana.

Oroso amaneció ayer, un día más, con tan solo un marco señalizador del Camino Inglés en los siete kilómetros que separan el municipio de Ordes de la capital de aquel, Sigüeiro. Las recientes pérdidas de peregrinos por los montes y su consiguiente enfado hicieron que intervinieran Antonio Leira, concejal orosino responsable de esta ruta jacobea, y Rafael Sánchez, gerente del Xacobeo, quien a primera hora de la mañana de ayer mismo comprobó in situ las deficiencias actuales desde A Rúa (Ordes) hasta la salida de Sigüeiro. El problema radica en que la Xunta está reseñalizando el Camino Inglés y la empresa concesionaria de los trabajos, Ovisa, ha retirado todos los marcos para limpiarlos sin poner una señal alternativa. ...


Manuel Mirás e Nava Castro inauguran o I Encontro Internacional no Camiño Inglés, que reúne a preto de cen persoas en Oroso.

Preto de cen persoas, entre investigadores, estudantes e veciñanza, participan hoxe xoves no primeiro Encontro Internacional no Camiño Inglés, que vén de ser inaugurado polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Un encontro que se desenvolverá no centro cultural de Sigüeiro durante a xornada de mañá venres 6 de outubro, con entrada libre e de balde. ...


O centro cultural de Sigüeiro acolle o I Encontro Internacional no Camiño Inglés, que organizan o Concello de Oroso e a Deputación.

O Concello de Oroso e a Deputación da Coruña organizan o 5 e 6 de outubro o primeiro Encontro Internacional no Camiño Inglés, que este ano estará dedicado á figura de Margery Kempe cando se cumpren 600 anos da súa peregrinación a Santiago. Unha iniciativa que terá lugar no centro cultural de Sigüeiro, con entrada libre e de balde. ...


O Concello de Oroso apoia a iniciativa que pretende declarar o Camiño Inglés como Patrimonio da Humanidade.

O Concello de Oroso valora e apoia a iniciativa da Real Orde de Cabaleiros de María Pita que pretende a declaración do Camiño Inglés como Patrimonio da Humanidade. O alcalde, Manuel Mirás, e varios integrantes da corporación, recibiron este mediodía o grupo de peregrinación desta entidade, que partiu o pasado venres da Coruña e rematará mañá coa chegada a Santiago. ...


A Deputación estudará as propostas da Asociación de Concellos do Camiño Inglés para impulsar este itinerario xacobeo.

Os deputados provinciais Xosé Regueira e Antonio Leira, reunironse na Deputación co alcalde de Oroso e presidente da Asociación de Concellos do Camiño de Santiago, Manuel Mirás. ...

deseña ASINFO