O Concello de Oroso pon en marcha un Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e o xerente da sociedade Xacobeo da Xunta de Galicia, Rafael Sánchez Bargiela, presentaron este xoves o Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés. Trátase dunha iniciativa municipal que abre as súas portas no centro cultural de Sigüeiro, cun fondo bibliográfico e audiovisual de máis de douscentos documentos e que está especialmente dirixido a investigadores do Camiño Inglés. ...


O Concello de Oroso recibe a un grupo de expertos internacionais en patrimonio que están percorrendo o Camiño Inglés.

Oroso vén de recibir a visita dun grupo de expertos internacionais en patrimonio que están percorrendo o Camiño Inglés para coñecer en detalle esta ruta, unha iniciativa promovida pola entidade Tesouros de Galicia en colaboración coa Deputación da Coruña para promover este camiño. Os concelleiros de Cultura, Antonio Leira; Turismo, Xaime Carneiro; e Familia, María del Carmen Liste; recibiron ao grupo de peregrinos, que estaba encabezado polos máximos responsables do International National Truts Organisation (INTO): Simon Molesworth, presidente; Bill Turner, vicepresidente; e Oliver Maurice, director internacional. Canda eles tamén participou Javier Rodríguez-Losada, presidente de Tesouros de Galicia e que exerceu tamén como tradutor. ...

deseña ASINFO