Nace, con polémica, a credencial dixital para os peregrinos

Adeus -alo menos pouco a pouco- ao papel: a credencial do peregrino xa se pode levar por todos os Camiños -e xa que logo polo Inglés- no móbil. Presentouse o pasado día 26 de maio na Oficina de Acogida aos peregrinos, en Santiago e dependente da Igrexa católica, e en principio convivirá cos tradicional en papel. Trátase dunha aplicación móbil que xa é posible descargar, e nela os camiñantes irán rexistrando os lugares polos que van pasando grazas a un código QR. En efecto, o funcionamiento é moi sinxelo: o peregrino descárgase a app, introduce unha serie de datos de rexistro e paga 1,5 euros para activar a credencial. Pero esta nova versión, que pode ser a puntilla para un costume que leva polo menos medio século en vigor, nace con polémica: son tantos os que a aproban (porque reduce papel e xa que logo o expolio da natureza, e además é en teoría máis difícil de perder) como os que a rexeitan (en nome da tradición) como os indiferntes. O tempo dirá quen ten razón.

 

deseña ASINFO