Dúas escolares británicas, premiadas por Oroso

Roberta Antonescu e Ruby Wilson, alumnas do colexio St. John' s, da localidade británica de Bishop Auckland, xa teñen os seus premios gañados nun certame convocado polo Concello de Oroso. Conseguíronos escribindo unha carta a William de Gray, o único arcebispo de York que percorreu o Camiño Inglés, algo que levou a cabo hai xustamente 800 anos, e o pasado martes entregoullos en persoa o cronista oficial dese itinerario. O colexio St. John' s, ante cuxas proximidades pasa o roteiro xacobeo, participou en todas as edicións que o Concello orosino convocou dese certame que xa é tradicional, «Escríbelle unha carta a...», loxicamente variando cada ano o personaxe. Na foto, as galardoadas pousan co seu profesor, Philip Robertson, quen desde hai case un decenio promove visitas a Galicia tanto de alumnos como de profesores.

deseña ASINFO