O alcalde e o concelleiro Antonio Leira, en Inglaterra na recuperación da peregrinación polo Camiño Inglés.

Oroso non faltou á peregrinación que partiu o 17 de marzo da abadía de Finchale e rematou na catedral de Durham; unha e outra no nordés de Inglaterra e punto de arranque do Camiño Inglés que acaba en Santiago tras pasar pola ponte de Sigüerio. O alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro e deputado provincial Antonio Leira acompañaron aos 75 peregrinos que desafiaron temperaturas de 8 graos baixo cero e tamén inicialmente unha nevada moi forte. Á chegada á cidade de Durham esperábaos un grupo de concelleiros locais, e todos xuntos entraron na catedral, onde recibiron un certificado de ter feito unha peregrinación que foi recuperada hai tres anos despois de medio milenio de silencio imposto polo rey inglés Enrique VIII. “Xa estivéramos hai dous anos e esta é segunda vez que andamos por estas terras-manifestou o alcalde, Manuel Mirás-, e o que pretendemos é que Oroso ocupe aquí, no comezo do Camiño Inglés, o lugar que se merece, e que se saiba que somos un lugar de paso histórico pero tamén o concello que está liderando a recuperación desa ruta xacobea”.

deseña ASINFO