O alcalde, Manuel Mirás, recibe a un grupo de profesores e alumnos do colexio inglés de St. Johns.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, recibiu o pasado venres 26 de abril na Coruña a un grupo de profesores e estudantes do colexio católico St. Johns, de Bishop Auckland (condado británico de Durham).

Os viaxeiros amosáronse moi interesados tanto polo comezo do Camiño Inglés en Galicia, no porto coruñés, como pola nova traza que discorre por Oroso, xa que Bishop Auckland non so está moi preto desa ruta xacobea no nordés de Inglaterra senón que o dito colexio está a traballar co CEIP Camiño Inglés de Sigüeiro. Este último, dentro do esquema de relacións trazado polo Concello, enviou a unha nutrida representación ao St. Johns o luns de semana pasada, día 23. Ademais, ese mesmo día 23 chegaban a Sigüeiro, por primeira vez en cincocentos anos, peregrinos do condado de Durham que fan o percorrido completo. Hai un ano, outro grupo de alumnos e profesores do St. Johns visitou e andou o Camiño Inglés á altura de Oroso. Cómpre dicir que o Camiño Inglés pasou de pouco más de 10.000 peregrinos no 2016 a superar con moito os 11.000 no ano pasado.

deseña ASINFO