“Primavera no Camiño”

Un ano máis o Concello de Oroso é un dos máis activos no encontro anual de Primavera no Camiño Inglés, este ano celebrado en Pontedeume.

Unha xornada magnífica para mostrar o potencial dos 18 concellos da provincia polos que pasa o Camiño Inglés.

A desgustación de troitas foi un éxito, tanto coma a animación xerada pola nosa mascota Troi.

O noso stand, atendido pola técnica de turismo do concello e a artesana de Zoclos, foi un reclamo para todos os visitantes onde descubriron non só o Camiño Inglés o seu paso por Oroso, senón tamén, todos os recursos naturais e patrimoniais do Concello.

deseña ASINFO