Delegación Erasmus

O venres 21 de xuño recibimos en Oroso ao grupo de peregrinos de Erasmus + coordinado pola Asociación Xeración e a Concellería de Turismo do Concello de Oroso. Elixiron o Camiño Inglés pola súa diversidade de costa, natureza e patrimonio cultural tanto material coma inmaterial.

Son mozos e mozas de Alemania, Brasil, Francia, Grecia, Holanda, Letonia, Italia e España, algúns deles orixinarios de Palestina. Iniciaron o Camiño en Ferrol e quédanse en Oroso para continuar ao día seguinte cara Santiago de Compostela.

O encontro cos mozos e mozas de Oroso foi no Carboeiro, onde intercambiaron impresións grazas á asistencia da Asociación Xuvenil Moz@s do Tambre, a técnica de turismo do concello e os concelleiros Antonio Leira e Luis Rey Villaverde. Eran un total de 50 persoas que quedaron enormemente agradecidos pola hospitalidade brindada.

Levan na súa ruta unha produtora que publicará un documental das súas vivencias no Camiño Inglés e o intercambio cultural. Grazas pola visita!

deseña ASINFO