O Concello de Oroso acolle a un grupo de peregrinos que fan o Camiño Ingés desde a Abadía de Finchale por primeira vez desde o século XVI

O Concello de Oroso recibiu a un grupo de peregrinos moi especial, catorce persoas que fan o Camiño Inglés comezando desde a súa orixe británica por primeira vez desde o século XVI.

En concreto, os peregrinos de Durham e Newcastle partiron da abadía de Finchale, inicio orixinario desta ruta xacobea, e chegaron a Oroso, onde foron recibidos polos concelleiros Luis Rey e Beatriz Rodeiro.

O Concello de Oroso é un dos principais impulsores desta ruta xacobea e o seu alcalde, Manuel Mirás, é o actual presidente da Asociación de Concello do Camiño Inglés.

A Deputación da Coruña e a Asociación de Concellos do Camiño Ingles comezaron no ano 2015 a promocionar as orixes do Camiño Inglés, que está no condado inglés de Durham, preto de Escocia. O punto exacto é a citada abadía de Finchale, fundada por San Godric, e el mesmo foi peregrino.

Despois de anos de traballo e xestións, o pasado domingo chegou a Ferrol o primeiro grupo de peregrinos en 500 anos. Alí foron recibidos, entre outras autoridades, por Manuel Mirás e polo deputado provincial Antonio Leira.

deseña ASINFO