A asociación de Durham que potencia o Camiño Inglés activa a súa páxina en Facebook

A Friends of Finchale Camino Inglés, unha asociación de amigos do Camiño de Santiago auspiciada polo concello de Oroso coa colaboración de Deputación de Coruña, non descansa nin coa pandemia, e nos últimos tempos revitalizou a súa páxina en Facebook, llamada The Finchale Camino Inglés, Durham, a pilgrimage way. Actualizándose seis días á semana, nela se poden atopar dende adiviñas ata imaxes doutros países de onde procedían historicamente os peregrinos (Islandia, Dinamarca, Finlandia, etc.). E por suposto dedican tamén posts ao Camiño Inglés xa en territorio galego. A asociación ten 26 membros, e o seu presidente é Keith Taylor, un veterán peregrino que foi tamén hospitaleiro voluntario en Rabanal del Camino (Camiño Francés).  

deseña ASINFO