O Camiño Inglés visto dende unha torre medieval

O xornal La Voz de Galicia publica hoxe (6 de febreiro deo 2021) unha información moi ampla sobre o Camiño Inglés. Aínda que non fai referencia ao noso concello, fírmaa Cristóbal Ramírez, que si é veciño de Porto Avieira. Céntrase no núcleo de Buscás, en Ordes, onde se xuntan nun espazo moi reducido un castro, unha torre medieval da que só quedan restos e a igrexa de San Paio, ante a que pasa a ruta xacobea. Segundo explica o texto, a torre foi erguida precisamente para controlar o paso tanto de peregrinos como de mercadorías polo Camiño Inglés. Recorda tamén que esa pequeña ruta que esixe ir andando uns centos de metros só a poden facer na actualidade os residentes en Ordes, debido ás perimetracións.  

deseña ASINFO