Dous ríos en Ordes a carón do Camiño Inglés

La Voz de Galicia publicou o 20 de marzo unha crónica sobre a contorna no Camiño Inglés xa nos quilómetros finais de Ordes e nos de Oroso dende a súa entrada no concello ata a Fonte da Santiña, citando a esta e á aldea de Baxoia. O texto resalta a beleza da subida dende As Carrás (derradeira aldea de Ordes) por un dos tres tramos auténticamente medievais que conserva esa ruta xacobea. Critica que a Dirección Xeral de Patrimonio deixara modificar dun xeito penoso a ponte Pereira, citada na documentación antiga. Ademais, e como indica o título, salienta as aguas claras dos ríos que se atopan aí.

deseña ASINFO