Satisfacción polo recoñecemento do Camiño Inglés en Inglaterra

A entidade británica English Heritage acaba de recoñecer o Camiño Inglés no seu trazado en Inglaterra dende a abadía de Finchale ata a igrexa prerrománica de Escomb. A noticia foi acollida con gran satisfacción no Concello de Oroso, que "dende o minuto uno se implicou na recuperación desa esquecida ruta xacobea, que parte precisamente de dita abadía", en palabras do alcalde, Manuel Mirás. O recoñecemento como camiño monumental dese percorrido totalmente sinalizado -a pandemia impediu que se seguisen colocando sinais, algo que se reiniciará en breve- é un enorme salto adelante, equivalente á declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) en España. En todo o proceso tivo moito que ver The Friends of Finchale Camino Inglés, unha asociación de amigos creada aló co asesoramento do Concello de Oroso e presidida por Keith Taylor. Pola súa banda, Antonio Leira, concelleiro responsable do Camiño Inglés, manifestou que "despois disto será difícil entender que alguén sexa escéptico ante o gran potencial que xa estamos desenvolvendo no Camiño Inglés", antes de asegurar que "por suposto que seguiremos promocionando o noso municipio aló, porque temos paisaxe, temos enclaves históricos e temos unha boa oferta aloxativa que dentro de moi pouco volverá á normalidade".   

deseña ASINFO