EDUCAOROSO

Características Formación de Adultos.



O Concello de Oroso coñecedor da oferta pública de educación de persoas adultas, gratuíta e de calidade, posibilita que as persoas adultas poidan adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional a través da Aula de Formación de Adultos EDUCAOROSO. A través das ensinanzas de adultos conséguese:

  • Actualizar a formación básica e acceder aos diferentes niveis do sistema educativo.
  • Mellorar a cualificación profesional ou adquirir unha preparación para o exercicio doutras profesións.
  • Adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha mellor adaptación aos cambios do mundo actual.
  • Conseguir unha maior satisfacción e seguridade no medio persoal e profesional.
  • Desenvolver a capacidade de participación na vida social, cultural, política e económica.

Oferta formativa.

  1. Ensinanzas básicas dos niveis I e II. Nivel I, ou de alfabetización
  2. Educación Secundaria para persoas adultas (nivel III)
  3. Outras Ensinanzas