EDUCAOROSO



orosoSede Electrónica da Xunta de Galicia.
A aula de formación EducaOroso realizará o vindeiro martes día 29 de maio unha xornada práctica e gratuita sobre o acceso e funcionamento da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.


orosoA Aula Mentor EducaOroso incorpora 2 novos cursos.
Aula Mentor EducaOroso vén de incorporar dous novos cursos á súa oferta formativa: "Crea a túa tenda virtual con OpenCart" e "Atención telefónica". A matrícula nestes dous cursos ou en calquera dos 150 cursos que oferta a Aula Mentor EducaOroso está aberta permanentemente, coa excepción do mes de agosto. Máis información, na propia Aula (rúa do Deporte 7, Sigüeiro) ou no 981 688 950.


orosoCurso gratuito de deseño asistido con 3D.
O Concello de Oroso, a través da Aula CeMIT, oferta un curso gratuíto de SketchUp, que terá lugar do luns 21 ao xoves 31 de maio en horario de 10:00 a 12:00 horas. As inscricións poden realizarse na Aula de Formación EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro), no 981 688 950 ou a través da web CeMIT.


orosoA CeMIT de Oroso oferta un curso gratuíto de GIMP.
O Concello de Oroso, a través da Aula CeMit, oferta un curso gratuíto de edición de imaxes con GIMP, que terá unha duración de 7 horas e media impartidas ao longo de tres sesións formativas a celebrar nas mañans entre o 9 e o 11 de abril.


orosoProgramación Industrial con Codesys.
A Aula de Formación EducaOroso informa de que xa está incorporado o curso de "Programación Industrial con Codesys" á oferta formativa da Aula Mentor.



ACCESO AULA MENTOR

Usuario

Contrasinal:


acceso interno



horarios

acceso interno