subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Aula de Formación EducaOroso acolle unhas xornadas gratuítas sobre ciberseguridade.


 

A Aula de Formación EducaOroso acollerá as Xornadas INCIBE, dirixidas a todas as persoas que teñan interese nas novas tecnoloxías e nos temas relacionados coa ciberseguridade. O Concello de Oroso oferta un total de 12 prazas e as inscricións poden realizarse na Aula de Formación EducaOroso ou directamente a través deste enlace web: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/22523.

Estas xornadas están promovidas polo Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Desenvolveranse en oito módulos, de tres horas de duración cada un, e terán lugar entre o 16 e o 26 de outubro (luns, martes, mércores e xoves) en horario de 11:00 a 14:00 horas, na Aula CeMIT de Sigüeiro.

O luns 16 de outubro terá lugar a xornada “O meu ordenador é un zombi”, onde se tratará sobre o funcionamento das redes botnets, así como o seu proceso de creación e infección. O martes 17 será a quenda de “Fundamentos do análise de sitios web”, onde se analizará como detectar, identificar e analizar as vulnerabilidades web. “Análise de malware en android” será o tema para o mércores 18, onde se analizarán as prácticas máis habituais de análise de malware en dispositivos Android. A semana pecharase o xoves 19 con “Espionaxe e cibervixilancia”, módulo no que se analizarán as diferentes técnicas e ferramentas utilizadas para realizar as labores de espionaxe e cibervixilancia.

Segunda semana

A seguinte semana, o luns 23 falarase dos “Fundamentos do análise de sistemas”, onde o alumnado aprenderá a identificar, analizar e explotar as principais vulnerabilidades dos servizos soportados por un servidor. “Forense en Windows” é o tema para o martes 24, no que o alumnado aprenderá en que consiste e principais técnicas do análise forense en sistemas Windows. O mércores 25 será a queda da “Programación segura de sitios web”, onde se identificarán os principais requisitos a ter en conta para desenvolver aplicacións web seguras. Finalmente, o xoves 26 pecharanse os móduclos con “Seguridade Wifi”

Dende o INCIBe lembran que a ciberseguridade non é só responsabilidade dos informáticos senón de todas as persoas, polo que aconsellan responsabilidade e cautela para evitar riscos e sorpresas indesexables. Entre outras recomendacións, aconsellan utilizar contrasinais robustas e non compartilas entre servizos, revisar a configuración de privacidade das redes sociais e non agregar a descoñecidos, ser coidadoso coa información que se publica na internet, instalar complementos de seguridade no navegador e usar a opción de navegación privada cando sexa necesario...