subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Sesenta familias de Oroso participaron en “Percubebé”, un espectáculo musical para bebés da compañía Apego.


orosoSesenta familias de Oroso participaron hoxe sábado no espectáculo musical “Percubebé”, unha iniciativa organizada polo Concello de Oroso e dirixida a bebés menores de tres anos. Durante unha hora, as familias, divididas en dúas quendas de trinta nenos/as cada unha, participaron nun obradoiro-espectáculo no que bebés e maiores aprenderon, gozaron e descubriron o mundo das percusións e da arpa no salón de actos do centro cultural de Sigüeiro.

Unha iniciativa desenvolvida pola compañía Apego que, da man de Marcelo Dobode e Bea Martínez, empregaron a música tradicional para alimentar o ritmo que todas e todos levamos dentro para que medre a capacidade neuronal dos bebés e para axudalos a desenvolver a súa psicomotricidade e coordinación. O concelleiro de Cultura, Luís Rey Villaverde, amosouse moi satisfeito pola gran acollida que teñen este tipo de espectáculos entre a veciñanza de Oroso “xa que mesmo tivemos que ampliar o número de prazas que tiñamos inicialmente previsto ante tanta demanda” polo que anunciou que “dende o Concello de Oroso seguiremos organizando máis actividades dirixidas á primeira infancia”.