subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Festa das persoas maiores en Oroso.


orosoO Concello de Oroso celebrou hoxe o tradicional Día das Persoas Maiores, coa asistencia de más de 700 persoas nos actos celebrados no complexo deportivo Juanito Amigo Ferreiro de Sigüeiro.

A celebración deu comezo cunha misa coa participación do coro Voces Amigas, que deu paso a unha intervención do alcalde, Manuel Mirás. "Este é un dos días máis especiais do ano en Oroso, unha homenaxe aos nosos maiores", asegurou Mirás.

Despois, celebrouse un xantar popular e unha festa-baile amenizada polo grupo Eva y Camilo. Como en anos anteriores, o Concello de Oroso ofreceu transporte a todas aquelas persoas que tiñan dificultades para poder asistir á celebración.