subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Promoción do Camiño Inglés en Inglaterra.


orosoO deputado provincial Antonio Leira aproveitou unha viaxe da propia Deputación da Coruña para facer una parada nos colexios de Bishop Auckland. No nome do alcalde de Oroso, Manuel Mirás, entregou nun deles, o St. John’s, os premios que gañaron dous dos seus alumnos dentro do certame “Escríbelle unha carta a János Zádori”, peregrino húngaro que pasou por Sigüeiro hai xustamente 150 anos. Bishop Auckland atópase no nordés de Inglaterra e moi preto de onde comeza o Camiño Inglés.

Leira, que é tamén tenente de alcalde e o responsable de Turismo de Oroso, acudiu pola tarde á Universidade de Durham, igualmente en representación do alcalde, para entregarlle o premio do III Certame de Traballos de Investigación sobre esta ruta xacobea á profesora Lara Escudero.