subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso oferta un curso gratuíto para aprender a crear unha tenda virtual.


orosoO Concello de Oroso, a través da aula mentor EducaOroso, vén de convocar o curso “Crea a túa tenda virtual a través de internet"”, de doce horas lectivas durante as cales o alumnado poderá aprender a crear a súa propia tenda web. As inscricións deberán formalizarse a través do seguinte enlace https://cemit.xunta.gal/actividade/25259.

O curso terá lugar os días 4, 5, 6, 7, 11 e 12 de xuño na Aula de Formación EducaOroso, en horario de 10:00 a 12:00 horas. O obxectivo é desenvolver unha tenda virtual, é dicir, unha aplicación web que permita aos clientes potenciais dun comercio navegar por o catalogo de produtos que este ofrece, ver as súas características básicas, seleccionar aqueles que lles interesen e unha vez feito isto, poder realizar un pedido destes produtos ao comerciante a través dos propios mecanismos que ofrece a aplicación.