subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Obradoiro básico de creación e edición dixital.


orosoO Concello de Oroso, a través da aula de formación EducaOroso, oferta un obradoiro básico de creación e edición dixital, que terá unha duración de 8 horas impartidas ao longo de catro sesións formativas a celebrar nas mañans entre o 1 e o 20 de xuño.

O obxectivo desta actividade é que os alumnos/as aprenderán os conceptos básicos da creación e edición dixital. Os obxectivos, pasarán pola consecución duns mínimos coñecementos críticos e teóricos para analizar a realización de calquera produto audiovisual, traballando elementos como guión, escaleta, planos e a edición de vídeo. No apartado informático traballarase co programa Openshot Video Editor.

Contidos
1º sesión, venres día 1 de xuño 2018 de 10:00 a 12:00 horas.
Nesta sesión os alumnos aprenderán a diferenciar diferentes tipos de plano, movementos de cámara e os rudimentos para elaborar unha escaleta ou guión.

2ª sesión, venres día 8 de xuño 2018 de 10:00 a 12:00 horas
Inicio no programa Openshot Video Editor. Analizaremos o entorno de traballo deste programa e as diferentes posibilidades que nos ofrece.

3ª sesión, venres día 15 de xuño 2018 de 10:00 a 12:00 horas
Sesión práctica na que verán como se pasa na práctica o que está planificado no guión ao campo da edición. Farase unha pequena montaxe e edición, para que poidan resolver dúbidas. Comezarán a traballar nunha historia ideada por cada alumno.

4ª sesión, mércores día 20 de xuño 2018 de 12:15 a 14:00 horas
Dúbidas sobre como levar á práctica con éxito a historia realizada en cada aula.

As inscricións poden realizarse a través do seguinte enlace https://cemit.xunta.gal/actividade/25262

Maís información na Aula Mentor EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro) ou no 981 688 950.