subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O alcalde de Oroso lamenta “o descoñecemento” do portavoz do PP e lembra que “debido á parcelaria, o Concello non ten acceso á antiga Ruta dos Muíños."


 

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, lamentou hoxe “o descoñecemento e a ignoracia” do portavoz do PP no municipio, Alexander Doval, polas súas críticas sobre o estado da antiga Ruta dos Muíños.

“Debido os efectos da concentración parcelaria nas parroquias de Senra, Cardama e Villaromarís, o concello non ten desde hai tempo accesos os terreos polos que transitaba esta ruta”, lembra Mirás, que critica que “unha vez máis, Doval intentar atallar para chegar á alcaldía, pero mentir non parece a mellor maneira de conseguilo”.

“O único acceso os muiños é pola beira dos regatos porque os antiguos camiños quedaron desafectados, e tanto Patrimonio como Augas de Galicia non permitiron deixar un acceso directo cando levouse a cabo a parcelaria; en canto obteñamos permiso destes dous organismos, buscaremos un itinerario alternativo”, apunta.

“Dígolle en todos os plenos que antes de acudir aos medios poña en coñecemento do Concello as deficiencias que atopa, pois sería unha maneira leal de colaboración, pero o afán de protagonismo de Doval non o deixa ser unha persoa leal e cabal”, sostén.

“Non deixa de ser sorprendente que o portavoz do PP fale da promoción turística de Oroso, cando nos últimos anos é un municipio que está no mapa precisamente por isto”, afirma Mirás, que engade que “milleiros de persoas veñen cada ano polo noso atractivo natural, o Camiño Inglés ou eventos consolidados como a Festa da Troita”.

“Teño que dicirlle o señor Doval que non se preocupe polo turismo, pois en Oroso pasamos de cero a mais de dez mil, o que pasa é que a el e o que precisamente lle preocupa é que as cousas vaian razoablemente ben”, dí Mirás.

O alcalde de Oroso insta a Doval, unha vez máis, “a utilizar a aplicación Oroso Informa, da cal é coñecedor e na que poden facer chegar todas aquelas anomalías que considere oportunas”.