subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso nomea fillo predilecto a José Miguel Couselo Sánchez, xefe do servizo de Oncoloxía pedríatica do CHUS e natural do municipio.


orosoO pleno do Concello de Oroso nomeu por unanimidade Fillo Predilecto a José Miguel Couselo Sánchez, xefe da Unidade de Hematoloxía e Oncoloxía Pediátrica do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS).

Couselo Sánchez, natural de Oroso, recibirá tamén a insignia de Ouro do Concello pola súa traxectoria profesional e pola súa vinculación co municipio, que sempre promociona e ao que está moi unido. “Poucas veces tivemos un recoñecemento tan merecido, José Miguel é un médico moi prestixioso e unha grandísima persoa”, asegurou o alcalde, Manuel Mirás.

O acto de recoñecemento será en outono e na sesión plenaria de Oroso todos os grupos políticos con representación no concello apoiaron o nomeamento de José Miguel Couselo como Fillo Predilecto.

O homenaxeado participa de forma asidua en actividades organizadas ou nas que colabora o Concello de Oroso, como a andaina solidaria do pasado mes de xuño en favor de Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog).

No pleno tomou tamén posesión o concelleiro do BNG Diego Boquete Sánchez, que entra na corporación de Oroso tras a renuncia de Xosé Manuel Pérez Penas.